Saturday 20 de April de 2024

Novas sesións musicais incrementan a oferta de ocio de A Pobra Moza!


A axenda lúdica de A Pobra Moza! incorpora unha proposta cara ó mes de decembro para diversifica-lo ocio da xuventude, tal e como apunta o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).

A música de hydn, Chris Indian e DJ Set con André Melón marcará o ritmo do día 9, a partir das 22.00 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.

Non se require a inscrición previa.